Sostenibilidade ambiental
A estratexia de sostibilidade ambiental do porto da Coruña
A estratexia de sostibilidade ambiental do porto da Coruña, coherente coa súa Política de Xestión Integrada, ten os seguintes obxectivos:
- Alcanzar un elevado nivel de compromiso técnico nos servizos e operacións portuarias mediante o seu control, a sistematización da xestión ambiental e a prevención de riscos.
- Recoñecer e interiorizar as inquietudes dos nosos grupos de interese.
- Comunicar, informar sobre a nosa resposta.
- Buscar a colaboración das Administracións competentes.
Esta estratexia concíbese para transformar a súa interrelación co medioambiente nun dos recursos que posibiliten o seu crecemento, evitando que unha mala xestión dos aspectos ambientais na construción ou nas actividades comerciais afecte negativamente ao negocio, optimizando o aproveitamento das súas infraestruturas e alcanzando a súa integración coa contorna ambiental e social a través da promoción do desenvolvemento sustentable como modelo de xestión da actividade portuaria.