Fondos Next Generation. MRR


 

 

 

 

 

 

O programa Next Generation EU é a maior demostración do esforzo realizado pola Unión Europea para responder de xeito conxunto e coordinado a unha das peores crise sociais e económicas da nosa historia recente e axudar os Estados membros a reparar os danos causados pola pandemia da COVID-19. Foi aprobado polo Consello Europeo no ano 2020 e está dotado con 750 000 millóns de euros. O instrumento principal do programa é o Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, dotado cun total de 672 500 millóns de euros (312 500 destinados a transferencia non reembolsables a favor dos Estados membros e 360 000 previstos para empréstitos a estes), que, xunto coa Axuda á Recuperación para a Cohesión e os Territorios de Europa (REACT-UE) e o resto de instrumentos previstos no Marco Financeiro Plurianual 2021-2027, está chamado a impulsar reformas e investimentos nos ámbitos prioritarios a nivel europeo. En resposta ao requirimento realizado pola UE aos distintos Estados membros para poder acollerse ao MRR, o 30 de abril de 2021, o Goberno de España presentou o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), que foi aprobado polo Colexio de Comisarios UE o 16 de xuño de 2021 e, finalmente, o 13 de xullo do mesmo ano polo Consello de Asuntos Económicos e Financeiros da UE (ECOFIN). A través do devandito Plan e ao longo de seis anos (ata 2026), case 140 000 millóns de euros (69 528 como transferencias non reembolsables e, potencialmente, máis de 70 000 a modo de empréstitos do MRR) suporán, xunto aos fondos procedentes dos restantes instrumentos financeiros conformadores do Marco Financeiro Plurianual 2021-2027, un volume de investimento superior ao de calquera outro momento da nosa historia, con catro obxectivos principais claros: a transición ecolóxica, a transformación dixital, a cohesión social e territorial e a igualdade de xénero.

O Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia  contempla diversas actuacións de investimento no Porto da Coruña relacionadas coa accesibilidade e a sostibilidade