Actuacións aprobadas PRTR
Actuacións aprobadas no PRTR do Reino de España co financiamento dos fondos Next Generation do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia na APAC
O Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, en diante PRTR, configúrase como un instrumento que se fomenta a nivel da Unión Europea e que está orientado a mitigar os impactos da pandemia da COVID-19, así como a transformar a sociedade, cos obxectivos de modernizar o tecido produtivo, impulsar a «descarbonización» e o respecto polo medio ambiente, fomentar a dixitalización e a mellora das estruturas e recursos que se destinan á investigación e á formación, e conseguir en definitiva unha maior capacidade da sociedade para superar problemas como a pandemia.
No caso da Autoridade Portuaria da Coruña, inclúe diversas actuacións que se agrupan nas seguintes liñas.
*Valores en miles de euros.
FONDOS MRR | |||
Código do proxecto | 6900 | 7200 | 7300 |
Denominación | A Coruña - Actuacións en materia de sustentabilidade ambiental con cargo ao MRR | A Coruña - Actuacións en materia de sustentabilidade ferroviaria con cargo ao MRR. Rede interior. | A Coruña - Actuacións en materia de sustentabilidade ferroviaria con cargo ao MRR. Acceso ao porto. |
Acumulado 31/12/2022 | 1.055 | 67 | 2.610 |
Investimento 2023 | 66 | 466 | 14.691 |
Investimento 2024 | 931 | 3.034 | 50.442 |
Investimento 2025 | 248 | 8.540 | 52.585 |
Investimento 2026 | - | 1.894 | 28.535 |