Visitas escolares
Convidamos os centros escolares a inscribirse no Programa de Visitas ao Porto da Coruña para o curso 2024-2025.
Ven a coñecer o Porto de A Coruña
A Autoridade Portuaria de A Coruña, co fin de facilitar a vinculación da ciudad co seu porto, ofrece aos escolares a posibilidade de realizar visitas didácticas as súas instalacións para que coñezan as labores e traballos que se realizan no Porto Interior e a importancia destas actividades portuarias para o desenvolvemento, tanto social como económico, da cidade.
As visitas, que son gratuitas e previa reserva, están guiadas polo persoal especializado e diríxense a escolares de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Ciclos FP, Bacherelato e outros. Realízanse en horario de mañá e teñen unha duración de 45 minutos para os alumnos de Infantil e de 90 minutos para o resto. As visitas realizaranse en autobús e só se admitirá un autobús por visita, independentemente do número de prazas do mesmo. A xestión do autobús levarase a cabo polo propio centro escolar. En ningún caso se admitirán visitas que non veñan en autobús.
Na visita, os escolares recorren as diversas zonas do Porto Interior de A Coruña como o Peirao de Trasatlánticos, o Peirao de Linares Rivas e a Lonxa, onde se baixan do autobús e percorren a pe o interior, visitando o Centro de coordinación e seguidade do porto, unha sala onde fan unha actividade didáctica de simulación dunha poxa e por último, unha visita ós almacéns de exportadores e ás salas de poxa da lonxa, acompañados polo persoal da lonxa e o monitor do programa das visitas o Porto.
Durante o percorrido, aprenden conceptos básicos relativos ao funcionamiento dun porto, como o tipo de tráfico e embarcacións que recibe, a historia do porto e a súa contribución ao crecemento da cidade e a responsabilidade que asume ante os impactos que súa actividade ocasiona no entorno.
No caso de querer visitar o Porto Exterior de A Coruña, únicamente para alumnos de Bacharelato e Ciclos de Formación Profesional, agradecémoslle que se poña en contacto a través deste correo electrónico visitasescolares@puertocoruna.com, indicando o nome do centro, fecha solicitada e nº de alumno/as.
Estas visitas realizaranse entre os meses de abril e outubro.
Para facilitar aos docentes a preparación da visita, o seu traballo posterior nas aulas, a Autoridade Portuaria pon a súa disposición material didáctico adaptado aos diferentes niveis educativos, así como unha guía educativa que explica detalladamente o contido e obxectivos da visita: O libro de Actividades I ten un contido máis básico pensado en alumnado de educación infantil e primeiros cursos de primaria, o Libro de Actividades II, destinado a cursos superiores de primaria e iniciales da ESO, o Libro de Actividades III para alumnos de finais da ESO, e o Libro de Actividades IV para Bacharelato e ciclos de F.P. Por último o Libro de Actividades V está enfocado ás visitas ao Porto Exterior de A Coruña.
Documentos
Guía educativaGuía de actividades nivel I
Guía de actividades nivel II
Guía de actividades nivel III
Guía de actividades nivel IV
Guía de actividades porto exterior