Operacións de Extendido, Depósito e Recollida de Aparellos

Esta tarifa abonarase pola prestación de calquera outro servizo prestado pola Autoridade Portuaria non enumerado nas tarifas anteriores, tales como carros de varada, limpieza do porto, etc.

CONCEPTO IMPORTE EUR
Extendido e recollida de aparellos. Até 3 horas 28,75(*)
Depósito no peirao de aparello extendido. De 3 a 24 horas 57,49 (*)
Depósito no peirao de aparello extendido. De 24 a 48 horas e por días sucesivos 114,99 (**)

(*) Os aparellos procedentes de buques que teñan como porto base A Coruña e que sexan propiedade dun armador que dispoña de autorización para o uso dun local na Dársena de Oza estarán exentos de abonar estes importes.

(**) No caso de aparellos procedentes de buques que teñan como porto base A Coruña e que sexan propiedade dun armador que dispoña de autorización para o uso dun local en la Dársena de Oza, a tarifa será de 57,49 €.

 

Uso de Carros Varadoiros

Suprímese a tarifa de utilización de carros de varada, non existindo novas operacións de varada a partir da aprobación e entrada en vigor da presente actualización de tarifas.

Establécese un réxime transitorio tarifario até a total liberación dos carros de varada, para os buques ou artefactos actualmente con estancia en carro de varada por importe de 93,83 €/dia, até a baixada definitiva do carro.

Ao importe resultante engadirase a cantidade de 43,97 €, pola operación final de baixada da devandita instalación de ser o caso.

Recollida de Refugallos Domésticos, Comerciais ou Industriais

Refugallos incluídos no ámbito desta tarifa

Considéranse residuos comerciais e industriais, producidos dentro da zona de servizo do porto da Coruña, aqueles que respondan á definición recollida no art. 3 da Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e chans contaminados, e que se xeraron polas empresas que desenvolven a súa actividade no dominio público portuario.

Considéranse residuos domésticos os xerados nos fogares como consecuencia das actividades domésticas e os similares aos anteriores xerados en servizos e industrias.

Categorías de produtores

Establécense dúas categorías de produtores de residuos:

  1. Productores de residuos comerciais ou industriais: Son aqueles usuarios titulares de licenzas, concesións ou autorizacións incluídos nos seguintes grupos:
    • Licenzas de estiba, desestiba, carga ou descarga no Porto da Coruña
    • Titulares de concesións cuxo obxecto estea vinculado ás seguintes actividades:
      • manipulación, comercialización e/ou almacenamento de produtos pesqueiros frescos, refrixerados ou conxelados
      • hostelaría e outras actividades de servizos
      • subministros e efectos navais
    • Titulares de autorizacións cuxo obxecto estea vinculado á seguintes actividades:
      • manipulación, comercialización e/ou almacenamento de produtos pesqueiros frescos, refrixerados ou conxelados.
      • hostelaría e outras actividades de servizos
    • Titulares de concesións e autorizacións que, pola súa actividade específica, xeren de refugallos dunha ou varias tipoloxías incluídas na categoría de residuos comerciais ou industriais
  2. Produtores de refugallos domésticos: Os titulares de concesións e/ou autorizacións, no Porto da Coruña, que non estean definidos como produtores de residuos comerciais ou industriais.

Aplicación da tarifa

  1. Produtores de residuos comerciais o industriais:
    • A tarifa será de aplicación cando estes usuarios non acrediten ante a Autoridade Portuaria a disposición dun contrato cunha empresa de xestión de refugallos.
    • A xustificación requerirá a presentación dun contrato en vigor e ó corrente de pagos cunha empresa de xestión de refugallos, que deberá estar autorizada pola Autoridade Portuaria da Coruña, dacordo co Prego de Condicións Técnicas Particulares para o outorgamento de autorizacións para a prestación do servizo comercial de xestión de refugallos no Porto da Coruña.
  2. Produtores de residuos domésticos:
    • A tarifa será de aplicación directa, sen solicitude previa, salvo que o usuario presente a documentación necesaria que acredite ter contratado o servizo, conforme ao indicado para os produtores de refugallos comerciais ou industriais.

Contía da tarifa

Establécense as seguintes contías de tarifa que se aplicarán sobre los m2 totais de superficie da autorización ou concesión, aos que sexa de aplicación a tarifa:

CATEGORÍA PRODUTOR CUANTÍA (€/m2/ano)
Doméstico 0,456
Comercial ou industrial 25,00

 

Outras consideracións

  • No caso de residuos procedentes de peiraos e chairas como consecuencia das operacións de depósito e manipulación de mercadorías, aplicarase a contía establecida (25 €/m2), sobre a superficie máxima correspondente á devandita ocupación.
  • As concesións ou autorizacións que inclúan, dentro da mesma, unha instalación cuxo obxecto estea incluído nos sinalados para produtor de residuos comerciais ou industriais, estarán igualmente sometidas á aplicación da tarifa baixo os criterios establecidos anteriormente.
  • No caso das mercadorías retiradas polos servizos de control e inspección nas instalacións fronteirizas, considerarase produtor de residuos ao representante da mercadoría, ou ben ao importador ou exportador da mesma (Lei 22/2011).
Recollida de Subprodutos Animais Categoría 3

Esta tarifa será de aplicación a aqueles suxeitos pasivos que, debendo realizar a recollida, transporte e almacenamento deste tipo de residuos a través de plantas autorizadas, non o acrediten periodicamente, mediante a presentación dos correspondentes Documentos Comerciais, e teña que ser a Autoridade Portuaria a que se encargue da devandita xestión.

A base de liquidación da tarifa será a superficie outorgada, nunga contía de 25 €/m2/año.

Utilización das Vías de Ferrocarril

Comprende a estancia e utilización das vías instaladas nos distintos peiraos, cuxa manipulación, illados ou en convoi, realiza exclusivamente operadores ferroviarios, previa petición de autorización do uso da rede ferroviaria do Porto, efectuada polo propietario da mercadoría. O operador ferroviario asumirá a plena responsabilidade da circulación, pondo pola súa conta a tracción e protexendo a marcha do convoi conforme a normativa vixente.

CATEGORÍA CONTÍA EUR
Unidade de vagón, de calquera capacidade, por día de estancia no recinto portuario en operación de aporte ou levante de mercadoría 2,68
 

 

Prestación de Servizos Administrativos
SERVICIO TARIFA EUR
Certificacións 5,85
Reproduccións de documentos que precisen a consulta ou de archivos:
     Polo primero documento 1,58
     Pola segunda fotocopia e seguientes 0,12
Cotexo de documentos (por cada folio) 0,20
Fotocopias:
     B/N A4 0,12
     B/N A3 0,22
     Color A4 1,34
     Color A3 2,70
Entrega de cartóns de acceso ao recinto portuario do Puerto de A Coruña. Uso xeral. 10,00 (IVA incluído)
Entrega de cartóns de acceso ao recinto portuario do Puerto de A Coruña a personal e organismos oficiais con competencia no porto Exento se é procedente
Entrega de cartóns de suministro de auga e enerxía eléctrica mediante postes de subministro. Uso xeral. 25,00 (IVA incluído)
Entrega de cartóns de suministro de auga e enerxía eléctrica mediante postes de subministro a personal e organismos oficiais con competencia no porto. Exento se é procedente
 

 

Uso das rampas de varada propiedade da Autoridade Portuaria

Comprende a utilización da rampa de varada propiedade da Autoridade Portuaria da Coruña situadas na Dársena de Oza e na Dársena da Mariña, establecéndose unha contía de:

CONCEPTO IMPORTE EUR
Operación sinxela 60,00 €
Operación dobre 100,00 €

Enténdese por operación dobre, a subida e baixada (ou baixada e subida) dunha mesma embarcación nun período de 48 horas.

Todos os medios necesarios para a realización das operacións deberán ser postos a disposición polo propio usuario, o cal deberá contar coa correspondente autorización da Autoridade Portuaria da Coruña.

Están exentas desta tarifa as embarcacións pesqueiras profesionais, as embarcacións destinadas a servizos portuarios e as pertencentes a organismos da administración. empresas que conten cunha autorización ou concesión no Porto da Coruña terán unha bonificación do 75% nesta tarifa.

Esta tarifa non implica autorización para a estancia ou depósito de embarcacións na zona de servizo do porto.