Senda peonil e ciclista que conecta Suevos con Sabón


A Autoridade Portuaria executou unha senda peonil e ciclista paralela ao  peche perimetral do Porto Exterior, agás nas zonas nas que non foi posible, nas que se lle deu continuidade polos camiños que xa existían, que se adecuaron para facilitar o paso. O proxecto realizouse en colaboración co Concello de Arteixo para que o camiño exterior dea continuidade ás rutas ciclistas existentes no termo municipal, xa que unirá o porto de Suevos coa praia de Sabón, desde onde comeza outra ruta ata a praia de Barrañán.