Enténdese por servizo de remolque portuario aquel cuxo obxecto é a operación náutica de axuda á manobra dun buque, denominado remolcado, seguindo as instrucións do seu capitán, mediante o auxilio doutro ou outros buques, denominados remolcadores, que proporcionan a súa forza motora ou, no seu caso, o acompañamento ou a súa posta a disposición dentro dos límites das augas incluídas na zona de servizo do porto.
 

TÁBOA DE TARIFAS

As tarifas serán de aplicación dende o 30 de novembro de 2022.
 

Estas tarifas máximas serán de aplicación cando o número de prestadores do servizo se atope limitado oy sexa insuficiente para garantizar a competencia, unha vez sexan aprobadas polo Consello de Administración da APAC conforme ao disposto no art 125.2.d) do TRLPEMM.

Estas tarifas son por servizo independientemente do número de remolcadores que se empreguen na manobra.

Condicións de aplicación a ambas dársenas (Langosteira e Interior)

 

PANTALÁN E/OU BUQUES DE MERCADORÍAS PERIGOSAS
Ata 5.000 GT 0,2755 €/GT
 De 5.001 a 15.000 GT  0,4193 €/GT
De 15.001 a 25.000 GT   0,4480 €/GT
 De 25.001 a 40.000 GT 0,4981 €/GT 
Máis de 40.000 GT   0,5610 €/GT

 

PEIRAOS COMERCIAIS
Ata 8.000 GT 0,2200 €/GT
De 8.001 a 20.000 GT 0,2301 €/GT
De 20.001 a 30.000 GT 0,2473 €/GT
De 30.001 a 50.000 GT 0,2627 €/GT
Máis de 50.000 GT 0,2755 €/GT

 

BUQUES DE PASAXEIROS
Ata 8.000 GT 0,0434 €/GT
De 8.001 a 20.000 GT 0,0434 €/GT
De 20.001 a 30.000 GT 0,0434 €/GT
De 30.001 a 50.000 GT 0,0434 €/GT
Máis de 50.000 GT 0,0434 €/GT

 

 

CONDICIÓNS DE APLICACIÓN

Servizo de escolta

Inclúe a manobra necesaria para acompañar a un buque desde os puntos de recalada ata a zona interior da mesma, en caso de entrada ao porto, ou a operación inversa en caso de saídas.

Condicións complementarias exisibles

  • Para os servizos de movemento, traslado, fondeo e similares de dragas, gánguiles, pontonas, gabarras, plataformas, diques caixoneiros, caixóns de formigón e artefactos flotantes mesmo a aqueles que presten os seus servizos dentro das augas interiores do porto, en calquera das dársenas, aplicarase unha tarifa de:
    • Por cada remolcador de potencia <2x1.550 K.W., 950 €/hora (desde a saída do seu posto de atraque).
    • Por cada remolcador de potencia >2x1.550 K.W. e <2x2.900 K.W., 1.150 €/hora (desde a saída do seu posto de atraque).
    • Por cada remolcador de potencia >2x2.900 K.W., 1.500 €/hora (desde a saída do seu posto de atraque).
    • Nos servizos de fondeo/desfondeo aplicarase a tarifa que corresponda de atraque / desatraque..
  • Os servizos para cambiar a un buque de peirao dentro da mesma dársena terán un desconto do vinte e cinco por cento (25%) da tarifa base dun só servizo. As emendadas no mesmo peirao facturaranse como un só servizo co devandito desconto.
  • Polos servizos cancelados con menos de 30 minutos de antelación antes do inicio previsto, facturarase o trinta por cento (30%) do que facturase de levarse a cabo.
  • Os servizos para buques sen máquina (en zona de servizo) ou en varadeiro, devindicarán unha recarga do 100%.
  • Os servizos especiais, escolta (como servizo específico), stand-by e o empuxe devindicarán a tarifa por horas:
    • Por cada remolcador de potencia <2x1.550 K.W., 950 €/hora (dende a saída do seu posto de atraque).
    • Por cada remolcador de potencia >2x1.550 K.W e <2x2.900 K.W., 1.150 €/hora (desde a saída do seu posto de atraque).
    • Por cada remolcador de potencia >2x2.900 K.W., 1.500 €/hora (dende a saída do seu posto de atraque)
  • En caso de demora na realización da manobra por causa imputable ao buque, en máis de 30 minutos, establécese unha recarga de 10%.
  • No caso de que o atraso sexa imputable ao prestador incumprindo o tempo de resposta en máis de 30 minutos, este aplicará unha bonificación á tarifa da mesma contía á recarga establecida para o buque no parágrafo anterior.

NORMA DE ENTRADA E SAÍDA DE BUQUES

Os buques tanque e aqueloutros que transporten mercadorías de especial perigo e o seu peso morto sexa igual ou maior de 15.000 TM, así como buques con avaría ou recentemente reparados, deberán ser acompañados por un remolcador de escolta, sen prexuízo do que determine a Capitanía Marítima nese sentido.

Documentos

Prescricións particulares do servizo portuario básico de remolque de buques no Porto da Coruña (só dispoñible en castelán)