Punta Roncudo
Historia
Despois de percorrer toda a Costa da Morte, desde Fisterra até Malpica, facendo a ruta dos faros, chegamos a Corme, aldeíña costeira. Continuando pola estrada chegamos a punta Roncudo, onde se atopa o Faro de Roncudo, chamado así polo ruído que fai o mar cando rompe nos seus cantiis, e como todos os faros, ten como misión alertar aos barcos da presenza de costa próxima. Pero polo que é famoso o Faro do Roncudo, a parte de por a beleza da súa contorna natural, é polos famosos percebes do Roncudo. A forza do mar nesta zona e as características das súas augas fan que o percebe desta zona sexa considerado o máis saboroso de Galicia, un recuncho digno de visitar.
ESPECIFICACIÓNS FARO DE RÍA DE CORME E LAXE (PUNTA RONCUDO) | |
---|---|
Nº nacional de faro/baliza | 3750 |
Nº internacional de faro/baliza | D-1730 |
Ubicación | Latitude 043 16,500 N Lonxitude 008 59,500 W |
Descripción | Torre cilíndrica branca. |
Altura do plano focal en metros | 11 |
Altura do soporte en metros | 38 |
Cor | Branco |
Características | D 6s L1 Oc5 |
Alcance en millas | 10 |