Punta Mera
Historia
O sinal de Mera consta de dúas torres, as cales se sitúan na Punta de Mera, ao oeste do seu núcleo urbano e da súa praia. A torre anterior é a máis pequena, mide 11 m. de altura e está situada a 56 m. sobre o nivel do mar. A súa distancia á torre posterior é de 300 metros e no medio está a antiga casa do fareiro, actualmente é o centro de recepción de visitantes ao monumento natural (onde se atopa) Costa de Dexo-Serantes. Este centro coñecido como Aula do Mar é un pequeno centro de interpretación onde se proxectan varios vídeos da zona, exponse o funcionamento de ambos os faros, hai unha sala dedicada ao monumento natural, etc. Ademais desde a súa terraza hai unhas vistas fantásticas (hai dous telescopios).
ESPECIFICACIÓNS ENFILIACIÓN 108,5º TORRE ANTERIOR EN PUNTA MERA | |
---|---|
Nº nacional de faro/baliza | 03550 |
Nº internacional de faro/baliza | D-1706 |
Ubicación | Latitude 043 23,000 N Lonxitude 008 21,300 W |
Descripción | Torre octogonal branca. |
Altura do plano focal en metros | 11 |
Altura do soporte en metros | 56 |
Cor | Branco, vermello. |
Características | Oc 4s. 100,5º R105,5º B114,5º R153º Obscd 000º R23º Racon(M) |
Alcance en millas | 8 |
ESPECIFICACIÓNS ENFILIACIÓN 108,5º TORRE POSTERIOR EN PUNTA MERA | |
---|---|
Nº nacional de faro/baliza | 03551 |
Nº internacional de faro/baliza | D-1708 |
Ubicación | Latitude 043 22959 N Lonxitude 008 21,077 W |
Descripción | Torre octogonal branca. |
Altura do plano focal en metros | 14 |
Altura do soporte en metros | 81 |
Cor | Branco |
Características | D 8s L2 Oc6 |
Alcance en millas | 8 |