A responsabilidade das Autoridades Portuarias en relación cos servizos de prevención e control de emerxencias, nos termos establecidos pola normativa sobre protección civil, concrétase na elaboración do correspondente Plan de Autoprotección e na realización das actuacións necesarias para a súa implantación e o mantemento da súa eficacia nos termos aos que se refire a Norma Básica de Autoprotección (Real Decreto 393/2007, de 23 de marzo).

O Plan de Autoprotección aborda a identificación e avaliación dos riscos químicos e de seguridade industrial, as accións e medidas necesarias para a prevención e control de riscos, así como as medidas de protección e outras actuacións a adoptar en caso de emerxencia no porto.

Protocolo de implantación do plan de autoprotección

Para asegurar unha rápida e eficaz resposta en situacións de emerxencia, todo o persoal que participa nelas debe coñecer as súas responsabilidades respecto diso e ter a suficiente formación e adestramento para executar as súas tarefas conforme establece o Plan de Autoprotección. Para iso, a APAC elaborou un Protocolo de implantación e mantemento que consiste no desenvolvemento dos seguintes apartados:

  • Establecemento de convenios de colaboración con organismos ou entidades públicas no ámbito da xestión de emerxencias, extinción de incendios e de protección civil (como o Convenio de colaboración en materia de prevención e extinción de incendios e salvamento entre o Excmo. Concello da Coruña e a Autoridade Portuaria da Coruña).
  • Recompilación do formato Declaración simplificada de seguridade industrial para empresas situadas en zona de servizo, elaborado conxuntamente co servizo de extinción de incendios (SEIS) do Concello da Coruña.
  • Solicitude de plans ou documentación relevante dos usuarios que deba ser coñecida pola Autoridade Portuaria (Notificación e admisión de mercadorías perigosas, información procedente de instalacións SEVESO, etc.).
  • Reunións anuais de coordinación e información sobre seguridade industrial cos principais usuarios e concesionarios do porto, e administracións públicas competentes.
  • Organización de actividades formativas internas e externas.
  • Realización de exercicios e simulacros tanto internos como conxuntos con outros usuarios do porto.

Documentos

Comunicación desde buques sobre situacións de emerxencia
Declaración simplificada de loita contra a contaminación marítima
Declaración simplificada de eventos
Declaración simplificada de seguridade industrial
Manual de xestión de emerxencias no porto interior e exterior da Coruña

O Código de Seguridade Industrial do Porto de A Coruña, aprobado por acordo do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña o 27 de xuño de 2019, está destinado a recompilar e presentar nun único documento Normas Xerais e Instrucións Técnicas Especiais de aplicación para a prevención e limitación dos riscos derivados da actividade portuaria e, en particular, dos industriais, na zona de servizo do porto indicado, detallando, sen ánimo de exhaustividade, a lexislación aplicable a cada actividade, así como os protocolos establecidos pola Autoridade Portuaria para o control de determinadas actividades de risco.

Así mesmo, preténdese proporcionar a todos os usuarios do porto de A Coruña o coñecemento da normativa existente en materia de Seguridade Industrial.

O Código de Seguridade Industrial non icontempla instrucións nin recomendacións sobre seguridade marítima (Convenio SOLAS), a seguridade ferroviaria (sistema de xestión de seguridade ferroviaria no porto da Coruña, citado no apartado 6.5), a seguridade operacional dos buques (Capítulo IX do Convenio SOLAS e Código Internacional de Xestión da Seguridade-Código IGS), nin sobre protección portuaria (Capítulo XI-2 do Convenio SOLAS e Código Internacional para a protección de buques e instalacións portuarias, citado no apartado 6.4).

Documentación so dispoñible en castelán.

Documentos

Recomendación de seguridad peirao de Trasatlánticos
Código de seguridade industrial

A admisión de mercadorías perigosas en porto e as notificacións de entrada e saída de mercadorías perigosas réxense polo Real Decreto 145/1989, de 20 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento Nacional de Admisión, Manipulación e Almacenamento de Mercadorías Perigosas nos Portos e polo Real Decreto 210/2004, de 6 de febreiro, polo que se establece un sistema de seguimento e de información sobre o tráfico marítimo.

Para ese efecto, a Autoridade Portuaria dispón dun portal web habilitado para a xestión electrónica das devanditas comunicacións a través da seguinte páxina: IMOWEB Mercancías peligrosas. A xestión de dita web é realizada pola empresa Portel Servicios Telemáticos, S.A., coa que deberán poñerse en contacto para solicitar a alta:

  • Portal Servicios Telemáticos S.A.
  • Dirección postal: C/ Playa de Riazor, 22 - 2ª planta
  • Código postal, provincia: 28048 (MADRID)
  • Teléfono: +34 91 721 45 00
  • Fax: +34 91 329 02 88
  • Enderezo electrónico: portel@portel.es

Documentación so dispoñible en castelán.

Documentos

Guía para la notificación e admisión de mercadorías perigosas
PO-06-04-F01 Admisión de Mercadorías Perigosas
PO-06-04-F02 Notificación de Mercadorías Perigosas
PO-06-04-F03 Condicionado de Seguridade Marítima
PO-06-04-F04 Condicionado de Seguridade en Atraque