Perfil do contratante
Aviso Importante
Ligazón ao perfil do contratante da APAC na Plataforma de Contratación do Sector Público
A Autoridade Portuaria da Coruña publica as súas licitacións na Plataforma de Contratación do Sector Público. Por iso, aconsellamos consultar o documento que figura máis abaixo, onde se indica como proceder co rexistro e acceso á devandita plataforma.
No caso de dúbidas, pode dirixirse a contratacion@puertocoruna.com.
A Plataforma de Contratación do sector público constitúe o punto único de información da contratación pública do Estado, onde é posible para os licitadores realizar procuras avanzadas e xestionar un espazo virtual con aquelas licitacións nas que a empresa estea a participar. Permite ademais efectuar a descarga de convocatorias, pregos e documentos, realizar preguntas e aclaracións e a presentación de ofertas a licitacións electrónicas.
Non cómpre estar rexistrado, xa que a información da Plataforma é pública e accesible para calquera visitante que desexe acceder á mesma sen ningún requisito de rexistro previo. Con todo, se unha empresa desexa actuar como licitador, configurar avisos ou subscricións, xestionar as súas licitacións activas, deberá rexistrarse como usuario.