Pasaxeiros
Servizo de embarque e desembarque de pasaxeiros, que inclúe a organización, control e, no seu caso, manexo dos medios necesarios para facer posible o acceso dos pasaxeiros desde a estación marítima ou o peirao aos buques de pasaxe e viceversa.
Servizo de carga e descarga de equipaxes, que comprende a organización, control e, no seu caso, manexo dos medios necesarios para a recepción das equipaxes en terra, a súa identificación e traslado a bordo do buque e a súa colocación no lugar ou lugares que se establezan, así como para a recollida das equipaxes a bordo do buque desde o lugar ou lugares que se establezan, o seu traslado a terra e a súa entrega a cada un dos pasaxeiros.
Servizo de carga e descarga de vehículos en réximen de pasaxe, que inclúe a organización, control e, no seu caso, manexo dos medios necesarios para facer posible a transferencia destes vehículos, en ambos os sentidos, entre o peirao ou zona de aparcadoiro e o buque.
TÁBOA DE TARIFAS
Cadro de tarifas do servizo de pasaxe da autorización provisional otorgada polo Consello de 24 de novembro de 2010.
CONCEPTO | IMPORTE TARIFA MÁXIMA |
---|---|
Por servizo de embarque e desembarque de pasaxeiros e uso de terminal: Operativa de embarque, desembarque e tránsito | 1,55 €/pasaxeiro/día |
Por servizo de embarque e desembarque de equipaxes | 9,79 €/pasaceiro |
Colocación e retirada de pasarelas (incluido o seu arrendamento) | 600 €/pasarela/día En este prezo inclúese calquer movemento ou cambio de cuberta das pasarelas durante a escala do buque. |
Posicionamiento, colocación e retirada de plataformas (incluido o seu arrendamento) | 2.583 €/plataforma/día En este prezo estará incluido calquer movimento ou cambio de ubicacións das plataformas durante a escala do buque. |
A partir de 9 horas de estancia do cruceiro en puerto, aplicarase unha tarifa de | 135 € hora ou fracción a maiores da tarifa aplicable polo servizo de embarque, desembarque e tránsito de pasaxeiros e uso da terminal |
Arrendamento de carretilla elevadora ou medio de arrastre e/ou elevación | 50 €/hora (Mínimo 3 horas de servizo) |
Conductor carretilla elevadora ou medio de arrastre e/ou elevación | 50 €/hora (Mínimo 3 horas de servizo) |