Competencias da Autoridade Portuaria da Coruña

Corresponden ás Autoridades Portuarias as seguintes competencias:

  • A prestación dos servizos xerais, así como a xestión e control dos servizos portuarios para lograr que se desenvolvan en condicións óptimas de eficacia, economía, productividade e seguridade, sen prexuízo da competencia doutros organismos.
  • A ordenación da zona de servizo do porto e dos usos portuarios, en coordinación coas Administracións competentes en materia de ordenación do territorio e urbanismo.
  • A planificación, proxecto, construción, conservación e explotación das obras e servizos do porto e o dos sinais marítimos que teñan encomendados con subxección ao estabelecido nesta lei.
  • A xestión do dominio público portuario e de sinais marítimos que lles sexa adscrito.
  • A optimización da xestión económica e a rendibilización do patrimonio e dos recursos que teñan asignados.
  • O fomento das actividades industriais e comerciais relacionadas co tráfico marítimo ou portuario.
  • A coordinación das operacións dos distintos modos de transporte no espazo portuario.
  • A ordenación e coordinación do tráfico portuario, tanto marítimo como terrestre.

Funcións da Autoridade Portuaria da Coruña

As Autoridades Portuarias terán as seguintes funcións:

  • Aprobar os proxectos de orzamentos de explotación e capital da Autoridade Portuaria e o seu programa de actuación plurianual.
  • Xestionar os servizos xerais e os de sinalización marítima, autorizar e controlar os servizos portuarios e as operacións e actividades que requiran a súa autorización ou concesión.
  • Coordinar a actuación dos diferentes órganos da Administración e entidades por ela participadas, que exercen as súas actividades no ámbito do porto, agás cando esta función estea atribuída expresamente a outras Autoridades.
  • Ordenar os usos da zona de servizo do porto e planificar e programar o seu desenvolvemento segundo os instrumentos de ordenación do territorio e de planificación urbanística aprobados.
  • Redactar e formular os plans especiais de ordenación da zona de servizo do porto, en desenvolvemento do planeamento xeral urbanístico.
  • Proxectar e construír as obras necesarias no marco dos plans e programas aprobados.
  • Elaborar, no seu caso, os plans de obxectivos de horizonte temporal superior a catro años, segundo o estabelecido no artigo 18.1.a).
  • Aprobar os proxectos de investimento que estean incluídos na programación aprobada, así como o gasto correspondente aos devanditos investimentos e contratar a súa execución.
  • Informar o proxecto de Regulamento de Explotación e Policía dos portos e elaborar e aprobar as correspondentes Ordenanzas Portuarias cos trámites e requisitos estabelecidos no artigo 295, así como velar polo seu cumprimento.
  • Controlar no ámbito portuario, o cumprimento da normativa que afecte a admisión, manipulación e almacenamento de mercadorías perigosas, igual que os sistemas de seguridade e de protección ante accións terroristas e antisociais, contra incendios e de prevención e control de emerxencias nos termos estabelecidos pola normativa sobre protección civil e loita contra a contaminación mariña, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos das Administracións públicas, así como colaborar coas Administracións competentes sobre protección civil, prevención e extinción de incendios e salvamento.
  • Aprobar libremente as tarifas polos servizos comerciais que presten, así como proceder á súa aplicación e recadación.
  • Outorgar as concesións e autorizacións e elaborar e manter actualizados os censos e rexistros de usos do dominio público portuario. Así como outorgar as licencias de prestación de servizos portuarios na zona de servizo do porto.
  • Recadar as taxas polas concesións e autorizacións outorgadas, vixiar o cumprimento das cláusulas e condicións impostas no acto de outorgamento, aplicar o réxime sancionador e adoptar cantas medidas sexan necesarias para a protección e axeitada xestión do dominio público portuario.
  • Impulsar a formación do seu persoal e desenvolver estudos e investigacións en materias relacionadas coa actividade portuaria e a protección do medio ambiente, así como colaborar niso con outros portos, organizacións ou empresas nacionais ou estranxeiras.
  • Inspeccionar o funcionamento das sinais marítimas, cuxo control se le asigne, nos portos de competencia das Comunidades Autónomas, denunciando, como responsables do seu funcionamento e mantemento, os problemas detectados para a súa corrección.
  • Xestionar a súa política comercial internacional, sen prexuízo das competencias propias dos Ministerios de Economía e Facenda e de Asuntos Exteriores e de Cooperación.
  • Autorizar a participación da Autoridade Portuaria en sociedades e a adquisición e alleamento das súas accións, cando o conxunto de compromisos contraídos non supere o 1 por cento do activo non corrente neto da Autoridade Portuaria e sempre que estas operacións non impliquen a adquisición ou perda da posición maioritaria.
    O acordo do Consello de Administración deberá contar cos votos favorables da maioría dos representantes da Administración Xeral do Estado presentes ou representados sendo, en todo caso, necesario o voto favorable do representante de Portos do Estado.
  • A instalación e o mantemento da sinalización, balizamento e outras axudas á navegación que sirvan de aproximación e acceso do buque ao porto ou portos que xestionen, así como o balizamento interior das zonas comúns. Exclúese deste servizo a instalación e o mantemento da sinalización, balizamento e outras axudas á navegación das instalacións outorgadas en concesión ou autorización, incluídas as destinadas a cultivos mariños e emisarios submarinos, ou doutras instalacións situadas no medio mariño susceptibles de poder representar un obstáculo á navegación, que serán realizados polo titular ou responsable das mesmas.
  • Promover que as infraestruturas e servizos portuarios respondan a unha axeitada intermodalidade marítimo-terrestre por medio dunha rede viaria e ferroviaria eficiente e segura, conectada adecuadamente co resto do sistema de transporte e cos nodos loxísticos que poidan ser considerados de interese xeral.
  • Administrar as infraestruturas ferroviarias da súa titularidade, favorecendo unha axeitada intermodalidade marítimo-ferroviaria.
  • Recoller a información relativa aos servizos que se presten e ás actividades que se desenvolvan na zona de servizo dos portos que xestionen.

Do exercicio das funcións en materia de planificación, proxecto e construción de obras, xestión do dominio público mediante o outorgamento de concesións e autorizacións e o regulamento e control do tráfico portuario, o fomento das actividades industriais e comerciais relacionadas con el, as tarifas e a súa aplicación e a coordinación das operacións dos distintos modos de transporte no espazo portuario, as Autoridades Portuarias deberán subministrar a Portos do Estado a información que solicite.

Competencias do Consello de Administración

Correspóndenlle ao Consello de Administración as seguintes funcións:

  • Rexer e administrar o porto, sen prexuízo das facultades que lle correspondan ao Presidente.
  • Delimitar as funcións e responsabilidades dos seus órganos e conferir e revocar poderes xerais ou especiais a persoas determinadas, tanto físicas como xurídicas, para os asuntos nos que fose preciso tal outorgamento.
  • Aprobar, por iniciativa do Presidente, a organización da entidade e as súas modificacións.
  • Estabelecer as súas normas de xestión e as súas regras de funcionamento interno, o seu réxime económico e funcións do Secretario.
  • Aprobar os proxectos de orzamentos de explotación e capital da Autoridade Portuaria e o seu programa de actuación plurianual, así como a súa remisión a Portos do Estado para a súa tramitación.
  • Aprobar as contas anuais, que incluirán o balance, a conta de perdas e ganancias, o estado de cambios no patrimonio neto, o estado de fluxos de efectivo, a memoria e a proposta, no seu caso, da aplicación de resultados, acordando a porcentaxe dos mesmos que se destine á constitución de reservas, na cantidade que resulte precisa para a realización de investimentos e para o seu axeitado funcionamento.
  • Autorizar os investimentos e operacións financeiros da entidade, incluídas a constitución e participación en sociedades mercantís, previo cumprimento dos requisitos legais necesarios.
  • Aprobar os proxectos que supoñan a ocupación de bens e a adquisición de dereitos aos que se refire o artigo 61 da presente lei, sen prexuízo da aprobación técnica dos mesmos por técnico competente.
  • Exercer as facultades de policía que lle atribúe a presente lei e que sexan necesarias para o cumprimento dos seus fins.
  • Fixar os obxectivos de xestión anuais no marco dos globais que estabeleza Portos do Estado para o conxunto do sistema.
  • Propoñer as operacións financeiras de activo ou pasivo cuxa aprobación corresponde a Portos do Estado, dentro do marco dos plans de investimento, de financiamento e de endebedamento que o Goberno e as Cortes Xerais aproben para este Organismo Público.
  • Autorizar créditos para financiamento do circulante.
  • Fixar as tarifas polos servizos comerciais que preste a Autoridade Portuaria.
  • Outorgar as concesións e autorizacións, segundo os criterios e Pregos de Condicións Xerais que aprobe o Ministerio de Fomento, recadar as taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público portuario e pola prestación do servizo de sinalización marítima.
  • Aprobar aqueles acordos, pactos, convenios e contratos que o propio Consello determine que han ser da súa competencia, en razón da súa importancia ou materia.
  • Acordar o conveniente sobre o exercicio das accións e recursos que correspondan ás Autoridades Portuarias en defensa dos seus intereses ante as Administracións Públicas e Tribunais de Xustiza de calquera orde, grao ou xurisdición. En caso de urxencia, esta facultade poderá ser exercida polo Presidente, quen dará conta inmediata do actuado ao Consello de Administración na súa primeira reunión.
  • Favorecer a libre competencia e velar para que non se produzan situacións de monopolio na prestación dos distintos servizos portuarios.
  • Realizar cantos actos de xestión, disposición e administración do seu patrimonio propio se reputen precisos.
  • Aprobar as Ordenanzas do Porto, con suxeición ao previsto no artigo 295 desta lei.
  • Exercer as demais funcións da Autoridade Portuaria estabelecidas no artigo 26 desta lei non atribuídas a outros órganos de goberno ou de xestión e non sinaladas en los apartados anteriores.