Cruceiros no porto


AVISO: Esta previsión de escalas de cruceiros é PROVISIONAL e está SUXEITA A POSIBLES CAMBIOS que se irán actualizando a medida que as compañías o comuniquen á Autoridade Portuaria a través dos seus axentes.

A Coruña, destino de Cruceiros. Ocio e negocio.

A localización do peirao de transatlánticos, no corazón da cidade, permite aos cruceiristas acceder rapidamente á zona comercial da Rúa Real, ir de tapas e degustar a gastronomía local nas rúas contiguas, percorrer libremente a cidade vella e pasear pola dársena da Mariña para contemplar as súas vistosas galerías, ademais de visitar a praza de María Pita ou achegarse ao Xardín de San Carlos, que alberga a tumba de Sir John Moore e chegar camiñando ao castelo de San Antón.

En caso de escalas múltiples, o peirao Calvo Sotelo, tamén no centro da cidade, da atraque aos buques de cruceiro cando hay coincidencia de escalas e os pasaxeiros desembarcan e salen camiñando cómodamente polo acceso do porto na Praza de Ourense, ubicada no corazón comercial e principal zona de compras dos coruñeses.

Cada vez máis compañías de cruceiros deciden incluír A Coruña nas súas rutas, ofertando itinerarios que inclúen escalas tanto de barcos que veñen de portos do norte europeo como Southampton, Le Havre, Dover; como de barcos que realizan a travesía desde portos do sur e que teñen feito escala previa en Lisboa, Leixões, Madeira, mesmo Cádiz, Gibraltar, Canarias o Casablanca.

Os pasaxeiros que visitan A Coruña regresan a bordo cun alto grao de satisfacción, ao descubrir un destino que lles sorprende gratamente pola súa oferta turística, cultural e de lecer e que lles brinda motivos abondo para regresar á cidade no futuro a pasar máis días, ou acompañados doutros familiares ou amigos.

A importancia do tráfico de cruceiros para a cidade e o seu impacto económico no comercio local e sector servizos, son aspectos que levan á Autoridade Portuaria da Coruña e ao Consorcio de Turismo da cidade a axuntar esforzos e reforzar a cooperación institucional para favorecer o crecemento do tráfico de cruceiros e a chegada de máis cruceiristas á cidade.

 

Para información sobre os dereitos dos pasaxeiros por mar pincha aquí.

 
 

Documentos

Folleto destino de cruceiros

Oferta de excursións (Shore-ex)

Os arredores da Coruña ofrecen múltiples e variadas excursións aos pasaxeiros de cruceiros. Aínda que a gran maioría dos cruceiristas que nos visitan deciden quedar na cidade e descubrir os seus atractivos, as navieras, a través dos tour-operadores locais, ofertan aos seus pasaxeiros un amplo catálogo de excursións para satisfacer todos os gustos e desexos.

As excursións panorámicas da cidade, que inclúen tamén visitas guiadas á Torre de Hércules e principais atractivos turísticos; ás veces compleméntanse cun tour de "tapas", tan apreciadas polos turistas.

Santiago de Compostela, a súa catedral e o reclamo turístico do Camiño de Santiago atraen moitos cruceiristas que desexan coñecer a cidade monumental e a súa tradición xacobea. Destinos máis próximos como Betanzos ou a fábrica de cerámica de Sargadelos até a excursión para visitar a Costa da Morte, son outras das propostas con maior aceptación por parte dos cruceiristas.