O 14 de novembro de 2023 presentouse o modelo de colaboración da Autoridade Portuaria. O modelo, acorde coa 12ª liña do Marco estratéxico do sistema portuario de titularidade estatal e aliñado cos ODS, é resultado de numerosas conversas e entrevistas con prescritores e representantes dos nosos grupos de interese. A súa finalidade é o desenvolvemento do porto da Coruña e a súa dársena en Arteixo baixo claros criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ESG) e quere influír de xeito responsable na área metropolitana da Coruña para lograr un maior benestar colectivo hoxe e no futuro.


O noso modelo de colaboración desprégase en tres liñas:

  • Ser un porto que escoita e comunica.
  • Ser un porto que se relaciona e participa nos asuntos onde teñamos algo que dicir.
  • Ser un porto que propón e crea alianzas.

Os Diálogos de sostibilidade, entre os que se atopan os Diálogos de Humboldt, permiten conectar o noso modelo de colaboración cos temas detectados máis actuais e de maior repercusión para a sostibilidade do porto e a súa área de influencia. Os temas que abordan sempre se atopan nas dimensións ambiental, social e de gobernanza e o seu obxectivo é escoitar, dialogar e propoñer liñas de traballo e proxectos concretos de colaboración.