Coordinación de actividades empresariais na Autoridade Portuaria de A Coruña

As empresas, organismos, autónomos e, en xeral, todas as persoas físicas ou xurídicas contratadas pola Autoridade Portuaria que pretendan realizar algunha actividade empresarial nos centros de traballo xestionados pola Autoridade Portuaria, en diante empresas contratadas, deberán cumprir as súas obrigacións en materia de coordinación de actividades empresariais coa finalidade de reforzar a seguridade e a saúde no traballo nos supostos de concorrencia.

Este proceso de coordinación de actividades empresariais iníciase mediante a entrega do documento “Intercambio de información para o establecemento dos medios de coordinación de actividades empresariais segundo o Real Decreto 171/2004 nos centros de traballo xestionados pola Autoridade Portuaria da Coruña”. Este documento deberá ser cuberto e asinado pola empresa contratada e posteriormente validado pola Autoridade Portuaria.

A Autoridade Portuaria designou coordinadores de actividades preventivas, os cales atópanse ao dispor das empresas contratadas para servir de leito do intercambio de informacións relevantes en materia de coordinación e para favorecer o cumprimento dos obxectivos no artigo 3:

  1. A aplicación coherente e responsable dos principios da acción preventiva polas empresas concorrentes no centro de traballo.
  2. A aplicación correcta dos métodos de traballo polas empresas concorrentes no centro de traballo.
  3. O control das interaccións das diferentes actividades desenvolvidas no centro de traballo, en particular cando poidan xerar riscos cualificados como graves ou moi graves ou cando se desenvolvan no centro de traballo actividades incompatibles entre si pola súa incidencia na seguridade e a saúde dos traballadores.
  4. A adecuación entre os riscos existentes no centro de traballo que poidan afectar os traballadores das empresas concorrentes e as medidas aplicadas para a súa prevención.

Na actualidade os coordinadores de actividades preventivas pertencen á empresa Normansys. A través de cae@puertocoruna.com poderase contactar tanto cos coordinadores como coa Autoridade Portuaria.

Aínda que o documento de intercambio de información xa contén unha ligazón para a descarga da información de riscos e medidas preventivas así como as medidas para tomar en caso de emerxencia “Información CAE APAC”, este segundo documento entrégase igualmente.

Como xa se fai referencia no intercambio de información, a empresa contratada, no caso de que lle sexa requirido, entregará a Normansys o procedemento de traballo das actividades concretas que se van a realizar no centro de traballo. Con carácter previo á realización dos traballos, a empresa contratada informará dos días nos que se desenvolverán as actividades e da planificación dos traballos para realizar, coa finalidade de que os coordinadores de actividades preventivas poidan, no caso de que o consideren necesario para unha correcta coordinación, programar visitas ou no seu caso reunións coas empresas concorrentes, cuxos acordos se reflectirán nunha acta asinada polos asistentes.

Documentos

Información CAE APAC
Directrices de control de interaccións de actividades concorrentes