Centro cívico de Rañobre e melloras en Suevos


A colaboración entre o Concello de Arteixo e a Autoridade Portuaria permitiu que nos núcleos de Suevos e Rañobre se investiran máis de dous millóns de euros. En Rañobre, construíuse o centro cívico, unha área recreativa con parque infantil, pista polideportiva, área biosaudable e xardín, a mellora da rede de saneamento e abastecemento e unha actuación para mellorar as vías de comunicación. En Suevos, a Autoridade Portuaria financiou obras de rehabilitación de varias rúas do núcleo para mellorar o saneamento, o abastecemento, os accesos e o asfaltado de toda a parroquia.