Buque
Tasa del buque (T-1) (Art. 194-204)
- Feito: Utilización dos buques das aguas da zona de servizo do Puerto e das obras e instalacións portuarias que permiten o acceso marítimo ao posto de atraque o fondeo asignado, así como a estancia e servizos comúns.
- Suxeito pasivo: Propietario, naviero e capitán (solidariamente), consignatario (suxeito pasivo sustituto), en concesións o concesionario.
- Devindicación: Cando o buque entre en augas da zona de servizo.
- Contía: Cuota= (B ó S) * coeficiente corrector * coeficiente * tempo estancia * centésima parte G.T.
- B = 1,43€
- S (transporte marítimo de curta distancia) = 1,20€
- Coeficiente corrector = 1,30
O tempo de estancia calcúlase por períodos de hora ou fracción, cun mínimo de 3 h/escala e un máximo de 15 h/24 h por escala. O tempo de estancia será desde que se dea o primeiro cabo ou lance a áncora ata que se largue a última amarra ou se levante a áncora. Os sábados desde a 12:00 ou 18:00 horas do día anterior a festivo até as 08:00 horas do luns ou do día seguinte a festivo computaranse como 5 horas se non realiza operación comercial (incluído avituallamento e reparación), seguíndose o cómputo do tempo ás 08:00 horas. O tempo de estancia en fondeo en zona II computarase independente.
Acceso e estancia, atracada no concesionado (min. 100 G.T.):
CONCEPTO | CONTÍA |
---|---|
Atracada costado | 1,00 |
Atracada punta, etc. | 0,80 |
Acceso e estancia, atraque en concesionado (min. 100 G.T.)
CONCEPTO | CONTÍA |
---|---|
Atracado ou fondeado auga en concesión de costado | 0,60 |
Atracado ou fondeado auga en concesión de punta | 0,50 |
Atracado ou fondeado auga sen concesión de costado | 0,70 |
Atracado ou fondeado auga sen concesión de punta | 0,60 |
Atracada en portos concesionados | 0,30 |
Atracada ou fondeo en zona I para avituallamento ou reparar
CONCEPTO | CONTÍA |
---|---|
Se é < 48 horas | 0,25 da cota íntegra |
Se é > 48 horas | Cota íntegra |
Estancia prolongada Zona I (superior a 7 días) sen concesión (mínimo 100 G.T.) por 24 horas ou fracción. GT mínimo 50 Tn (aplicarase a contía básica B).
CONCEPTO | CONTÍA |
---|---|
Buques tráfico interior pasaxeiros e mercadorías | 4,00 |
Buques destinados ao dragado ou ao avituallamiento (desde o primeiro día). Aplícanse ademais os seguintes coeficientes: | 4,67 |
|
0,70 |
|
0,60 |
|
0,30 |
uques á boia en construción gran reparación, transformación ou despezamento fóra de estaleiro | 1,33 |
Buques á boia en construción gran reparación, transformación ou despezamento en estaleiro | 0,50 |
Buques pesqueiros por paro biolóxico, algunha das súas especies obxectivo en veda ou por carencia de licenza ou permiso temporal de pesca ou teñan asignada unha cota anual de pesca, mesmo despois de esgotar completamente devandita cota anual | 0,45 |
Buques en depósito xudicial | 1,00 |
Buques inactivos mesmo pesqueiros e art. flot. | 4,67 |
Buques destinados á prestación de servizos portuarios (desde o primeiro día). Aplícanse ademais os seguintes coeficientes: | 2,33 |
|
0,70 |
|
0,60 |
|
0,30 |
Outros buques cuxa estancia sea superior ao mes | 4,67 |
Sen utilización de atracada ou fondeo
CONCEPTO | CONTÍA |
---|---|
Acceso ou partida a dique seco ou flotante ou varadeiros | 2,00 |
Cruceiros turísticos
CONCEPTO | CONTÍA |
---|---|
Carácter xeral | 0,70 |
En porto base | 0,56 |
Da mesma compañía, con polo menos 12 esc/año ou como porto base con 8 escalas de tráfico estacional | 0,50 |
Buques carguen/descarguen por rodadura (só para os que se aplique a contía básica S)
CONCEPTO | CONTÍA |
---|---|
Carácter xeral | 0,90 |
Servizo regular | 0,60 |
Buques que utilicen como combustible gas natural
CONCEPTO | CONTÍA |
---|---|
Para a súa propulsión en alta mar (excepto os que transporten gas natural) ou durante a súa estancia no porto utilicen gas natural ou electricidade suministrada desde o peirao | 0,50 |
- Contía: Cuota= GT/100 * (B ó S) * día natural de estancia ou fracción * coeficientes * coeficiente corrector A.P. A Coruña
- Mínimo 100 GT
Buques fondeados en augas no concesionadas
CONCEPTO | CONTÍA |
---|---|
En xeral | 0,80 |
En reparación (personal alleo) ou avituallamiento | 0,48 |
Que empreguen como combustible gas natural (excepto que transporten este combustible) | 0,50 |
Buques fondeados en augas concesionadas
CONCEPTO | CONTÍA |
---|---|
En xeral | 0,40 |
En reparación (personal alleo) ou avituallamiento | 0,24 |
Que empreguen como combustible gas natural (excepto que transporten este combustible) | 0,50 |
Devindicarase desde o 4º día de estancia salvo que se teñan realizado operacións comerciais, que se devindicarán desde o 1º (neste caso non se considera operación comercial a reparación nen o avituallamento).
Condicións de aplicación de coeficientes reductores e bonificacións
Con obxecto de clarificar a entrega de diversa documentación para que se poidan aplicar os coeficientes reductores e bonificacións indicadas no RDL 2/2011 (Servizo marítimo a un determinado tipo de tráfico e Servizo marítimo regular, Transporte marítimo de curta distancia, Buques destinados a servizos portuarios, Incentivación de mellores prácticas medioambientais, Incremento de calidade na prestación de servizos), indícanse a continuación, para cada unha delas, os formatos e prazos para a súa aplicación.
Coeficientes reductores
Servizo Marítimo a un determinado tipo de tráfico e servizo marítimo regular (Art. 201 RDL2/2011)
Coeficiente por nº de escalas no ano natural de buques que realicen servizos a un determinado tipo de tráfico ou de distintas compañías que presten un servizo a un determinado tipo de tráfico:
CONCEPTO | CONTÍA |
---|---|
De 1º ata 12ª | 1,00 |
De 13º ata 26º | 0,95 |
De 27º ata 52º | 0,85 |
De 53º ata 104º | 0,75 |
De 105º ata 156º | 0,65 |
De 157º ata 312º | 0,55 |
De 313º ata 365º | 0,45 |
A partir da 366ª | 0,35 |
- Estes coeficientes reduciranse en 5 centésimas para tráficos regulares.
- Se non dispón de G.T., será 0,4 * E * M * P, sendo:
- E = eslora máxima (metros)
- M = manga máxima (metros)
- P = puntal de trazado (metros)
- Para poder aplicar o coeficiente reductor deste servizo (de carácter anual), hai que presentar nesta Autoridadr Portuaria o formulario vixente (atópase na área de descargas da web da APAC) coa información que se indica no mesmo, antes da chegada do primeiro buque que se pretenda incluir en dito servizo. En caso contrario, non se terán en conta as escalas anteriores do exercicio en curso. Esta solicitude debe ser renovada anualmente (ano natural).
- Cualquera modificación que vaia a producirse na prestación do servizo marítimo, de forma especial, as altas e baixas dos buques adscritos ao mesmo, así como a modificación dos portos incluidos no servizo, deberá solicitarse sempre antes da chegada do buque.
- Se o buque, a mercadoría ou o porto non se corresponden cos incluidos na solicitude, non se terá en conta dita escala no cómputo do servizo.
Transporte Marítimo de Curta Distancia (Anexo ll, 27ª Definicións a efectos do RDL 2/2011)
- Para poder aplicar o coeficiente reductor deste servizo (de carácter anual), hai que solicitar a calificación do servizo marítimo a un determinado tipo de tráfico mediante a presentación nesta Autoridade Portuaria do formulario vixente (atópase na área de descargas da web da APAC) coa información que se indica no mesmo, antes da chegada do primeiro buque que se pretenda incluir en dito servizo. En caso contrario, non se terán en conta as escalas anteriores do exercicio en curso. Esta solicitude debe ser renovada anualmente (ano natural).
- Quedan excluidos os cruceiros turísticos (art. 197.2)
Buques destinados á prestación dos servizos de Remolque, Amarre e Practicaje e outros servizos portuarios (ART. 197.1.e.8ª RDL 2/2011)
Deberán comunicar a esta Autoridade Portuaria a adscrición ao servizo portuario correspondente, antes da chegada de dita embarcación ao Porto. Non é necesario comunicación anual, só si hai cambios na situación.
Documentos
Declaración responsable de solicitude de bonificacións (so dispoñible en castelán)Aplicación do art.201 e Transporte Marítimo de Curta Distancia (so dispoñible en castelán)
Bonificacións
- Para incentivar mellores prácticas medioambientais 5% (ver Art. 245.1 RDL 2/2011).
- Para incrementar a calidade na prestación de servizo 5% (ver Art. 245.1 RDL 2/2011).
As bonificacións á taxa do buque por medioambiente e/ou calidade non son aplicables nas estancias prolongadas. Resto de bonificacións, ver artigo 245
Condicións para poder aplicar as seguintes bonificacións
A aplicación efectiva destas bonificacións, dado o seu carácter rogado de acordo coa normativa vixente de aplicación, require a iniciativa do interesado para a súa posta en coñecemento da Autoridade Portuaria e acreditar ante a mesma a documentación correspondente e vixente no momento da solicitude que poida dar lugar, no seu caso, á aplicación da bonificación.
Para elo, será requisito indispensable presentar a declaración responsable de solicitude de aplicación no formato vixente e que se atopa na área de descargas da web da APAC, acompañando a mesma da documentación vixente en cada caso, e necesaria, segundo a bonificación que se solicite e que se detalla en cada un dos apartados do formulario de declaración responsable.
Para a súa consideración será imprescindible que tanto a solicitude mediante formulario de DECLARACIÓN RESPONSABLE, como a documentación VIXENTE acreditativa en cada caso, sexa presentada no rexistro da APAC en data anterior á entrada do buque no porto, e sempre en todo caso antes da finalización de operacións. A data da solicitude debe ser por tanto previa ao inicio de operacións, ou en todo caso a do primeiro día do buque no porto.
A presentación de solicitude con posterioridade á finalización das operacións supón a imposibilidade de aplicar a mencionada bonificación solicitada. Indicar que a documentación acreditativa que se presente deberá acreditar a sía vixencia, na data de entrada do buque ao porto. Se a documentación entregada non está vixente a esa data, ou non se actualizou a mesma, igualmente imposibilitará a aplicación de bonificación solicitada, ao non poder efectuarse resolución positiva, no primeiro caso por ser a solicitude extemporánea á operación e escala concreta para a que se solicita, e no segundo caso, por non acreditarse a vixencia da documentación que daría lugar á mesma, no momento da entrada do buque no porto.
A declaración responsable de solicitude de bonificacións pódese descargar no apartado de Documentación (o contido da documentación se está dispoñible en castelán).