Base de Protección Civil en Punta Langosteira


O servizo de Protección Civil de Arteixo conta cunha base para as súas embarcacións no Porto Exterior que lle permite reducir os tempos de resposta ante emerxencias. Isto contribuíu a que o concello recibira nos últimos anos as distincións de bandeiras azuis en varias das súas praias e a distinción de sendeiro azul da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) e a Fundación Biodiversidade. A cualificación de sendeiro azul concédese ao camiño litoral de 6,4 quilómetros que percorre a costa entre O Rañal e Barrañán.